Detalles do eventos
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle do 30 de abril ao 6 de setembro a mostra Hai un lugar, do artista vigués
Detalles do eventos
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle do 30 de abril ao 6 de setembro a mostra Hai un lugar, do artista vigués Alberto Ardid. Comisariada por Miguel Fernández-Cid e Pilar Souto Soto, a exposición ocupa distintos espazos da planta baixa do museo cun conxunto de pezas que se moven entre a escultura e a instalación.
Hai un lugar reúne instalacións e esculturas que convidan a reflexionar sobre a realidade, a propiedade e as tensións sociais. En palabras do artista a exposición xira “arredor da idea dun aparente triunfo do mal sobre o ben, pero no que aínda se pode albiscar algún raio de esperanza.” A proposta constrúe un percorrido narrativo no que cada obra dialoga coas demais e co espazo, abordando cuestións como a propiedade privada, o uso do espazo público ou as contradicións da sociedade contemporánea. A través de materiais diversos e imaxes abertas, Ardid formula unha reflexión crítica que combina elementos recoñecibles con outros máis simbólicos, deixando sempre lugar á interpretación do público.
Horarios apertura
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00
Domingos, de 11:00 a 14:30
Visitas guiadas todos os días ás 18:00h
Hora
30 abril, 2026 11:00(GMT+02:00)


