
Detalles do eventos
Este xoves 12 de xuño, ás 20.00 h, El Corte Inglés acollerá a charla ‘Cuida tu piel en verano’, impartida pola oncóloga e dermatóloga Hae Jin Suh, e
Detalles do eventos
Este xoves 12 de xuño, ás 20.00 h, El Corte Inglés acollerá a charla ‘Cuida tu piel en verano’, impartida pola oncóloga e dermatóloga Hae Jin Suh, e organizada en colaboración coa Asociación Española contra el Cáncer.
En palabras da doutora Hae Jin: “trátase dunha oportunidade única para que os asistentes coñezan de primeira man recomendacións útiles para protexer e coidar a pel no verán”. Falaranos de como protexer e revisar a nosa pel, como coidarnos do sol e cando debemos consultar ao dermatólogo.
En 2024, segundo datos do Observatorio contra o Cancro da Asociación Española contra o Cancro, realizáronse case 21.000 novos diagnósticos de cancro de pel en España. O que representa algo máis dun 7% do total dos cancros diagnosticados neste ano. Con todo, tamén é o tumor máis prevenible e, cando se detecta e trata a tempo, ten bo prognóstico. Por iso é tan importante a prevención e as charlas informativas.
A Asociación Española contra el Cáncer en Vigo realizou máis de 9.000 intervencións no ano 2024 a pacientes e familiares cos seus servizos gratuítos, e máis de 24.000 na provincia de Pontevedra.
A charla será impartida na 7ª planta e a inscrición é vía correo electrónico.
Máis
Hora
12 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual