07nov21:00hackedepicciottoCONCERTOS | Desde 17,60 €21:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

hackedepicciotto son Alexander Hacke e Danielle de Picciotto.
Alexander Hacke é membro fundador e baixista de Einstürzende Neubauten.
Danielle de Picciotto é cofundadora do Berlin Love Parade, colaboradora do proxecto electrónico Ocean Club & Monika Werkstatt con Gudrun Gut (Malaria!), exintegrante da banda de culto Crime & The City Solution e compañeira creativa de Alexander. Ademais, é tamén artista visual.

hackedepicciotto móvese entre xéneros que abranguen o drone cinematográfico, o industrial, o experimental e o spoken word, alternando armonías meditativas cantadas con paisaxes sonoras, drones potentes e sinfonías vivas e meteóricas, nunha mestura perfecta de OM, Suicide, Dead Can Dance, Low e Arvo Pärt.

O dúo conta cunha ampla traxectoria de colaboracións musicais con artistas como Mick Harvey, Lustmord, Eric Hubel, The Tiger Lillies, Kid Congo e Julee Cruise.

Data: Venres, 7 de novembro
Lugar: Radar Estudios (Iglesias Esponda 30, 36201 Vigo, Pontevedra)
Apertura de portas: 21:00 h
Entradas: dispoñibles en Woutick e na billeteira

Hora

7 novembro, 2025 21:00(GMT+01:00)