REVISTA ABRIL

Grupos de teatro do Espazo +60

07xuñ19:00Grupos de teatro do Espazo +60ESPECTÁCULOS | De balde19:00(GMT+02:00) Colexio Hogar Afundación

Detalles do eventos

Os grupos de teatro do Espazo +60 Afundación Vigo representarán, os días 5, 7 e 16 de xuño, de 19.00 a 20.30 h, no Salón de Actos do Colegio Hogar Afundación, diferentes pezas da escena española. Aberto a todos os públicos e sen necesidade de inscrición previa, as obras que se poñerán sobre o escenario son as seguintes.

Luns, 5 de xuño: La que sigue, Historias del paraíso, Esta obra es un desastre e Ya soy yo.
Mércores, 7 de xuño: Entrecot extra plus, La llave de la cocina (interpretada polo grupo do RC Náutico), Trapos ocultos e La vida desde aquí.
Venres, 16 de xuño: La casa de Bernarda Alba, Un grito en la oscuridad e La llave de la cocina.

Esta actividade enmárcase na iniciativa solidaria «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Pódese colaborar facendo unha doazón produtos non perecedoiros ao recoller a invitación ou no momento da entrada ao auditorio o propio día do evento.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Colexio Hogar Afundación

Rúa Filipinas, 6, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events