>

19xuñ12:00Grupo Conexións FolkCONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

O programa cultural Conexións continúa levando música e tradición ás rúas de Vigo cunha nova cita no exterior do Mercado do Calvario. A proposta desta semana estará protagonizada por Pelica de Can, formación integrada polo compositor e guitarrista Ernesto Campos, a cantante e percusionista Leni Pérez e o gaiteiro Marcos Campos, que ofrecerán unha sesión na que o folk galego e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.

A actuación contará tamén coa participación de dous bailaríns que acompañarán un repertorio inspirado nas raíces populares galegas, con pezas como Xota Pelica ou Costureiriña. A actividade celebrarase o venres 19 de xuño ás 12:00 horas e forma parte da programación gratuíta impulsada pola Fundación Mayeusis coa colaboración do Concello de Vigo, unha iniciativa que busca converter distintos espazos da cidade en escenarios abertos para a música e a cultura.

Hora

19 xuño, 2026 12:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events