CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Grupo Chévere, Xurxo Souto e Manuel Rivas cítanse no Culturgal

29novTodo o díaGrupo Chévere, Xurxo Souto e Manuel Rivas cítanse no CulturgalFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 3,00 €(Todo o día: venres)(GMT+01:00) Pazo da Cultura de Pontevedra

Detalles do eventos

edición 2024 do Culturgal, un espazo de encontro entre as diferentes culturas galegas e os seus públicos celébrase do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O programa completo consta de 200 actividades, con 100 expositores e 500 artistas. O Culturgal conta con seis espazos e con seis escenarios. Unha das novidades deste ano é a creación dun espazo pechado para as artes escénicas e a ampliación do espazo de arte, que se puxo en marcha no 2023.

No programa, destaca a primeira ‘Ultranoite Cultureta’ do grupo Chévere, feita de forma expresa para o Culturgal, e a celebración dos 30 anos do bravú coa proxección dun documental e un concerto do grupo Xangai, liderado por Xurxo Souto, e o grupo local Rager. Magín Blanco estrea no Culturgal un espectáculo que será o de despedida da serie ‘A nena e o grilo’, e estarán no Pazo da Cultura Manuel Rivas, recentemente nomeado Premio Nacional das Letras 2024, ou Olga Novo, Premio Nacional de Poesía no ano 2020. O programa completo de actividades pode consultarse nesta ligazón.

As entradas e abonos se poden adquirir en cultur.gal. 3,00 € por anticipado a entrada dun día, 5,00 € o bono para os tres días, abonos familiares e outros descontos.

Máis

Hora

29 novembro, 2024 Todo o día(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, PO

Other Events