REVISTA ABRIL

Momentos Alhambra - Mais que Blues: Greg Izor

26mai22:00Momentos Alhambra - Mais que Blues: Greg IzorCONCERTOS | Desde 10,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Greg Izor (EUA) está considerado un dos mellores armonicistas  dos últimos tempos. Ao longo da súa longa traxectoria tocou e colaborou con infinidade de artistas como: Eddie Bo, Jerry “Boogie” McCain, Henry Gray, Wolfman Washington, Oliver “La La” Morgan ou Clarence “Gatemouth” Brown Greg. Ten un estilo propio como poucos, a súa música está cargada de numerosas referencias do blues tradicional, o cal  combina á perfección con sons de urbes como Nova Orleans, Chicago e por suposto Austin (Texas), cidade na que viviu de 2006 a 2019.Nesta nova noite de Momentos Alhambra – Mais que Blues, Greg Izor estará acompañado por toda a súa banda deleitándoonos con parte da sua extensa discografía e rendendo tributos os seus artistas preferidos,  no que promete ser unha das grandes noites do Blues desta cidade.

O 26 de maio ás 22:00 horas na Sala Rouge. Entradas aquí ou en taquilla.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events