REVISTA FEBREIRO

23xan20:30GRANDÍO: CONCERTO DE PRESENTACIÓNConcertos | 5,26€20:30(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

En 2024, Roi Grandío (compositor, vocalista e guitarrista) decide comezar un proxecto musical para gravar o seu primeiro tema. Así nace ‘Los Días Felices’, single estreado ao final do verán dese mesmo ano. Durante o proceso de lanzamento desta primeira canción, Roi convida aos seus amigos Adrián Collazo (teclista) e Breixo Maciel (guitarrista), a formar parte deste proxecto. Posteriormente incorporase María Romero (batería). O final de 2024 o grupo lanza o seu segundo single, ‘El Azul del Fuego’, e, na primavera de 2025, Grandío lanza o seu terceiro single, titulado’Tu Luz’.

En decembro de 2025, con ‘Las Aventuras de Crystal Boy’ e ‘Las Leyes del Cambio, Grandío’ completa o seu primeiro EP de 5 cancións baixo o título ‘H.E.I. – Hacia el Espacio Interior’, un viaxe introspectivo e visceral nun contexto de vida moderna, ansiedade e existencialismo.

Compra de entradas aquí.

Hora

23 xaneiro, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events