REVISTA ABRIL

'Gran xogo das Letras Galegas' con Eduvía

09xan12:00'Gran xogo das Letras Galegas' con EduvíaPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Museo Verbum

Detalles do eventos

Distribuídos por equipos equilibrados, cada equipo irá tirando por quendas un dado de grandes dimensións no que figuran ata seis accións diferentes: DEMOSTRA O QUE SABES, PROBA, PICTIONARI, SORPRESA, PROBA POR EQUIPOS, A CREAR.

Por cada proba superada ou pregunta respondida correctamente, o equipo recibirá unha puntuación determinada que irán acumulando, recibindo cada equipo ao final do xogo un PREMIO de acordo coa puntuación total acadada.

Trátase dunha actividade familiar 100% participativa que consegue que as persoas participantes aprendan mentres se divirten a través do xogo. Sorprendentemente envoltos no xogo converteranse en escritores/as, actores/as, ilustradores/as, cantantes… pasándoo en grande durante o proceso.

Durante o xogo, os nenos/as aprenderán moito sobre Xela Arias, homenaxeada deste ano, sobre o seu legado literario, descubrindo momentos importantes na súa vida e curiosidades sobre ela e outros/as homenaxeados/as.

Para familias e nenos/as de entre os 6 e os 12 anos

Duración: 90 minutos

Inscrición a partir do luns 3 de xaneiro. Deben enviar un correo electrónico cos nomes e apelidos das persoas que participarán, as idades das crianzas e teléfono de contacto a actividades.snl@vigo.org (no asunto poñan Xogo das letras, domingo 26)

PROGRAMA NO NADAL, UN CONTO

Mércores 22
– 18h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV Casco Vello)

Xoves 23
– 11.30h: ‘As nosas árbores’ Diego García ‘Miudiño’ (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anzo Alonso Diz (AV A Miñoca)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado das Travesas)
– 17h: Xornada de xogos de mesa con Brazolinda (Verbum)

Venres 24
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Progreso)

Domingo 26
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 27
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Auditorio Municipal do Concello)
– 17.30h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV A Miñoca)
– 17.30h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (AV Casco Vello)
– 17.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Verbum)

Martes 28
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Calvario)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón do Romil)
– 17h: ‘Xincana científica’ (Verbum)

Mércores 29
– 11h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Casa da Xuventude)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Calvario)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Progreso)
– 17h: ‘ Eira Xandobeleira’ Xandobela (Verbum)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Auditorio Municipal do Concello)

Xoves 30
– 11h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Casco Vello)
– 11h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Calvario)
– 11.30h: ‘Regueifas’ (Mercado de Teis)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 17.15h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 17.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Centro parroquial S. Xosé Obreiro)

Venres 31
– 11.15h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Periplo Atlántico’ Polo correo do vento (Mercado das Travesas)
– 12.30h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)

Domingo 2
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 3
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Asociación de Comerciantes do Calvario)
– 16.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Novo Vigo – Navia)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Verbum)
-17.15h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 18h: ‘O soño dos golfiños’ Urdime (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Martes 4
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Progreso)
– 11.30h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado das Travesas)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón deportivo de Bouzas)
– 17h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)
– 18.15h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)

Mércores 5
– 11.30h: ‘Cantos e contos de Nadal en familia’ Luis Prego (Casa da Xuventude)

Venres 7
– 17h: ‘Contos na lareira’ Iván Davila Grande (Auditorio Municipal do Concello)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 18h: ‘A voar’ Cé, orquestra pantasma (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Sábado 8
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘ Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Auditorio Municipal do Concello)
– 12.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Domingo 9
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events