
29out19:30Gran Vía Music Days: La Chata SoulCONCERTOS | De balde19:30 C.C. Gran Vía
Detalles do eventos
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo organiza durante os meses de outubro e novembro un ciclo de espectáculos gratuítos na 2ª planta do centro. Serán concertos abertos
Gran Vía Music Days: La Chata Soul
O Centro Comercial Gran Vía de Vigo organiza durante os meses de outubro e novembro un ciclo de espectáculos gratuítos na 2ª planta do centro. Serán concertos abertos ao público que dinamizarán a zona de restauración e ocio.
O venres 29 de outubro ás 19:30h estará dando un concerto La Chata Soul.
La Chata Soul é un grupo formado na cidade de Vigo no 2016 pero con alma internacional, que se reflicte tanto na orixe dos seus membros como no carácter da súa música. A base dos seus temas, ten a súa orixe na música negra: blues, soul, funky, Rhythm e Blues …, trasladando no seu directo este sentimento ao público de inmediato. Ify Agunyego (Londres) é a voz encargada de gobernar o barco onde Roberto Marqués (Vigo) á guitarra, Glen Gibb (Escocia) no Saxo, Walter Pelayo (Uruguai) á batería e Txelu Barreira (do norte) ao baixo, traballan ordeadamente para que a viaxe á música doutra época sexa directa e chea de enerxía.
PROGRAMACIÓN
- 29 de outubro: La Chata Soul
- 13 de novembro: Nerea Rodríguez (Operación Triunfo)
- 16 de novembro: TINTA
Máis
(Venres) 19:30
C.C. Gran Vía
Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra