UNDERFEST

12nov(nov 12)15:3013(nov 13)21:30Vigo Global Summit 2025ACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 12,00 €15:30 - 21:30 (13)(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O Vigo Global Summit 2025, impulsado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, celebrará a súa segunda edición os días 12 e 13 de novembro no Auditorio Mar de Vigo baixo o lema “Liderando e transformando a economía”. O encontro reunirá a unha vintena de líderes internacionais para analizar os grandes desafíos económicos, tecnolóxicos e sociais do mundo actual como os Premios Nobel Daron Acemoğlu e Dmitry Muratov; Durão Barroso, Amparo Alonso, Antón Costas ou Carolina Marín. As entradas para asistir ás sesións están xa á venda a través da web oficial do congreso, www.vigoglobalsummit.com. O abono completo ten un prezo de 85,00 €.

Premios Nobel, líderes europeos e voces galegas

A sesión inaugural, o día 12, estará centrada na xeopolítica e o novo taboleiro global, coa participación de José Manuel Durão Barroso, expresidente da Comisión Europea, e de Dmitry Muratov, Premio Nobel da Paz 2021, quen ofrecerá unha conferencia maxistral titulada “Voces e liberdade na era das novas potencias”. Muratov, recoñecido pola súa defensa do xornalismo libre en Rusia, simboliza o valor da verdade nun tempo de conflito e censura.

Na segunda xornada, o día 13, o protagonismo recaerá en Daron Acemoğlu, un dos economistas máis influentes do mundo, cuxo traballo sobre o papel das institucións na prosperidade das nacións lle valeu o Nobel de Economía en 2024. Acemoğlu abordará o tema “Liderado na era da dixitalización”, centrado no impacto da IA, a automatización e as novas tecnoloxías no emprego e na desigualdade.

Tamén intervirán Antón Costas, presidente do Consello Económico e Social de España, e a experta en intelixencia artificial Amparo Alonso, nun diálogo sobre o papel da tecnoloxía no benestar social. A lista de convidados inclúe ademais a Alicia García-Herrero, Brian Wong, María Lorca-Susino e a deportista Carolina Marín, campeona olímpica e premio Princesa de Asturias.

Acto de clausura

O 13 de novembro, a partir das 18:30 horas, o Vigo Global Summit culminará cunha sesión cultural aberta ao público que contará coa actuación de Baiuca, , recoñecido internacionalmente pola súa mestura de folclore galego e electrónica. A súa proposta de “folktrónica” representa a fusión entre tradición e vangarda, nunha clausura que simboliza a visión transformadora do congreso.

O acto será presentado pola xornalista Mamen Mendizábal e contará tamén coa presenza do actor Carlos Blanco. Durante o congreso, o artista urbano Marcos Puhinger realizará dúas intervencións pictóricas en directo, interpretando visualmente os debates e o papel da Zona Franca no desenvolvemento económico e social da área viguesa.

Hora

12 novembro, 2025 15:30 - 13 novembro, 2025 21:30(GMT+01:00)