Detalles do eventos
Desde hai máis de tres décadas, cada ano, familias de toda Galicia acollen nas súas casas, durante o verán, a cativos que viven nos campamentos
Detalles do eventos
Desde hai máis de tres décadas, cada ano, familias de toda Galicia acollen nas súas casas, durante o verán, a cativos que viven nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria). Nesta ocasión, 305 nenos e nenas participaron no programa Vacacións en Paz. Por este motivo, SOGAPS, a asociación que coordina o programa de acollemento, organiza unha gran festa de despedida na Praza do Bugallal (Ponteareas).
Trátase dun festexo aberto e gratuíto que, entre as 18:00 e 00:00 h, ofrecerá numerosas actuacións en directo. En concreto, serán do Mago Marco, Peter Punk Pallaso, Grupo de Gaitas Os Ventos de Comesaña, Os Cuncheiros de Vigo, Os Auténticos de Sabarís, Os Alteanos de Ponteareas e o DJ Vin.
Ademais, durante o evento, haberá un posto solidario de comida e bebida co fin de recadar diñeiro para enviar axuda humanitaria aos campamentos. Pretende ser unha calorosa despedida para a cativada que, os días 5 e 6 de setembro, encara a viaxe de volta a casa, en compañía de cinco profesionais do ámbito da saúde. SOGAPS quere aproveitar o espazo nas bodegas dos seus avións para enviar o máximo material sanitario posible e que dito equipo de voluntarios poida desenvolver o seu traballo nos campamentos.
Hora
30 agosto, 2025 18:00(GMT+02:00)
Localización
Praza do Bugallal (Ponteareas)
Ponteareas, 36860 Ponteareas, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


