Gran Concerto de Ano Novo Johann Strauss – A Movida

decembro, 2018

30dec19:00Gran Concerto de Ano Novo Johann StraussCONCERTO + BALLET | Desde 27,00€19:00 Teatro García Barbón

Máis

Detalles do evento

A xira máis famosa de Europa

Volve a produción máis famosa de Europa avalada por 29 anos de éxito e 5 millóns de espectadores en todo o mundo. Esta produción recibiu grandes ovacións nas grandes salas de toda Europa: no Musikverein de Viena, Concertgebouw de Amsterdam, a Philarmonie de Berlín, o Musikhalle de Hamburgo, o Auditorium Parco della Musica de Roma, o Gran Teatre do Liceu ou o Palau da Música de Barcelona, o Teatro Real e o Auditorio Nacional de Música de Madrid, etc.

O programa, inspirado na tradicional cita musical que cada ano celébrase en Viena, inclúe os títulos máis coñecidos do rei do valse, Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador ou Champagne. Non faltará o valse máis soado de todos, O Belo Danubio azul, nin a Marcha Radetzky que, compasada polas palmas do público, adoita pechar a velada.

O concerto é un dos eventos máis esperados da tempada musical, polo extraordinario clima festivo que o envolve e pola enorme participación dun público que, ano tras ano, enche as salas. Por iso, hai que apresurarse a comprar as entradas, que cada ano adoitan esgotarse cos que buscan o agasallo perfecto para o Nadal.

Hora

(Domingo) 19:00

Lugar

Teatro García Barbón

Policarpo Sanz ,13 36202

X