O Gran Circo Acrobático de China desembarca esta fin de semana no Auditorio Mar de Vigo
Detalles do eventos
O Nadal no Auditorio Mar de Vigo encherase de maxia e soños coa chegada do Gran Circo Acrobático de China, un show cargado de acrobacias e coreografías en todas
Detalles do eventos
O Nadal no Auditorio Mar de Vigo encherase de maxia e soños coa chegada do Gran Circo Acrobático de China, un show cargado de acrobacias e coreografías en todas as direccións, que conta con tres únicas funcións os días 23 e 24 de decembro: o sábado ás 17.30 horas e ás 20.30 horas e o domingo ás 12.00 horas. Este é un plan perfecto para que as familias acudan a deixarse sorprender pola historia que narra este destacado espectáculo, ademais de que o tempo xuntos é o mellor agasallo para estas datas; os adultos deixarán saír ao seu neno interior e os nenos verán a súa imaxinación voar máis alto ca nunca.
A destreza acrobática dos seus máis de 30 artistas en escena, entre os que se atopan medallistas olímpicos ou procedentes do Cirque du Soleil, servirán de fío condutor e base, para unha historia chea de emocións fortes que deleita os cinco sentidos. Trátase dunha historia de valentía, coraxe, sacrificio e amor. Durante os seus catro actos, o público viaxará da man dos seus protagonistas: un neno soñador atraído pola beleza e un ave fénix, que deberán resgardarse do mal, nun lugar onde só parecía haber alegría e felicidade.
O Gran Circo Acrobático de China é recoñecido a nivel mundial pola súa excepcional habilidade, profesionalidade e creatividade, o que cativará á audiencia ofrecéndolles unha experiencia inesquecible, fusionando a súa encantadora narrativa con técnicas acrobáticas de vangarda e un elenco de artistas de élite.
Pases:
Sábado 23 ás 17:30 e 20:30
Domingo ás 12:00
Este evento é só o inicio dunha tempada repleta de vivencias culturais que xa se agardan como sublimes experiencias, que se estenderán ata finais de xaneiro.
PROGRAMACIÓN NADAL:
23-24/12. Gran Circo Acrobático da China – 17:30 e 20:30 (sábado), 12:00 h (domingo). Desde 28,00 €
26/12. Hollywood Symphony Orchestra: John Williams & Hans Zimmer – 21:00 h. Desde 26,00 €
27/12. The Vipers: ‘The World Best Queen Tribute Band’ – 21:00 h. Desde 30,00 €
30/12. La Granja de Zenón ‘El gran gallego‘ – 16:30 h e 19:00 h. Desde 15,00 €
3/01. Pica-pica: ‘Bailando’ – 17:00 h. Desde 15,00 €
07/01. Strauss Festival Orchestra: ‘Gran Concerto de Ano Novo’ – 19:00 h. Desde 28,00 €
12/01. Ballet Clásico de Ucraína: ‘O lago dos cisnes’ – 21:00 h. Desde 28,00 €
Máis
Hora
23 decembro, 2023 20:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes