CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Gran batalla de graffitti na Porta do Sol

06xul09:30Gran batalla de graffitti na Porta do SolARTE E MUSEOS | De balde09:30(GMT+02:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

O sábado 6 de xullo terán lugar as VI  xornadas de Arte Urbana, enmarcadas dentro dos programas municipais Vigo, cidade de Cor e TAC!.

PLAYINCOLORS é un proxecto 360° que revitaliza e reactiva espazos urbanos a través da pintura e a arte. O obxectivo é espertar inquietudes culturais nos usuarios do espazo e activar a contorna urbana, creando escenarios sociais orixinais e rechamantes que esperan a interacción do espectador/xogador.

A xa tradicional batalla mural consiste nun concurso de graffitti entre dez artistas seleccionadas para pintar ao aire ibre. A persoa gañadora poderá pintar unha medianeira na próxima edición do programa Vigo, Ciudad de Cor.

Ás 11 haberá unha conferencia na sede do COAG de Vigo, profundando na traxectoria de dous artistas cuxa obra explora a relación co espazo público, desde a Arquitectura e desde a Pintura. Manuel Bouzas e Víctor García.

Manuel Bouzas (Pontevedra, 1993) é arquitecto, investigador e docente. Actualmente reside entre Galicia e Nova York, onde é profesor no Departamento de Arquitectura da Universidade de Cornell. En 2018, se graduó con matrícula de honra pola ETSA de Madrid e recentemente completou o Master in Design Studies na Universidade de Harvard. O seu traballo explora a intersección entre arquitectura e ecoloxía a través de instalacións urbanas e investigación académica. Entre as súas obras destacan a Cabane 7L na Villa Medici, Academia de Francia en Roma, e o Pavillón Mediterráneo, no festival TAC! de Valencia. Manuel participou no Pavillón Español da Bienal de Venecia en 2023 e 2018, e na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo en 2021. Ademais, recibiu o premio Renzo Piano World Tour, a Bolsa A Caixa de Posgrao e o Premio COAM Emerxente.

Victor García (Málaga 1989) é artista multidisciplinar, licenciado en Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Málaga. Con máster en diseñou gráfico por GAUSS (Málaga) e máster oficial en diseñou gráfico avanzado e dirección de arte por IDEP (Barcelona). Traballou como creativo en axencias de publicidade, director de arte en produtoras, deseñador gráfico en estudos e desde pequeno, intervindo o espazo urbano da man do streetart e o grafiti. Actualmente enfocado no uso da forma e a cor na contorna urbana e capitaneando o proxecto PLAYINCOLORS e traballou con clientes como: Google, JD Sports, LaLiga, EA Sports, Caterpillar, Desigual, Ravenpack etc.

Máis

Hora

6 xullo, 2024 09:30(GMT+02:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events