25abr20:30GRACIAS POR SU VISITAespectáculos | desde 11,00 €20:30(GMT+02:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
25 de abril ás 20:30 h na Sala Ártika.EntradasPrezo: Anticipada 11,00 €, en caixa 15,00 € Por: UXIA ALGARRApeza íntima de
Detalles do eventos
25 de abril ás 20:30 h na Sala Ártika.
Entradas
Prezo: Anticipada 11,00 €, en caixa 15,00 €
Por: UXIA ALGARRA
peza íntima de teatro de obxectos ambientada no café-bar paraíso, onde unha camareira descobre que o local é un pequeno universo e reinvéntao como un edén no que tapóns, copas e ananás cobran vida.
SINOPSE:
Despois de pechar o Café-Bar Paraíso, unha traballadora recolle as mesas, apura os restos das copas esquecidas e limpa o local. Nesa soidade de final de xornada, unha interferencia divina na radio, o licor café e o cheiro a lixivia provocan unha revelación: o bar non é só un bar, senón un microcosmos do universo, unha creación súa. Tomando posesión dese novo poder, reinventa o espazo como un Edén no que aparecen Eva e Adán, convertendo o café-bar Paraíso nun lugar vivo e cheo de sentido. “Gracias por su visita” transcorre integramente nese bar no que todo cobra vida: estropallos, copas, ananás e tapóns transfórmanse en criaturas míticas, mentres a camareira devén deusa e xogamos co límite entre o real e o soñado, entre o meme e o mito. A creación pon en valor o teatro de obxectos e reinventa o relato universal dende a mitificación do cotián, nese territorio onde a decadencia lle dá a man ao divino.
Hora
25 abril, 2026 20:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio



