01mai21:00Girando por salas: Javi Chapelaconcertos | 10,50 €21:00(GMT+02:00) Sala Supersonic
Detalles do eventos
GPS Girando Por Salas é un circuíto de músicas populares concibido para a promoción das músicas actuais, facilitar aos artistas emerxentes un circuíto de concertos e
Detalles do eventos
GPS Girando Por Salas é un circuíto de músicas populares concibido para a promoción das músicas actuais, facilitar aos artistas emerxentes un circuíto de concertos e salas máis alá da súa propia comunidade autónoma e potenciar a música en directo. Na edición GPS15, a última realizada ata o momento, obtivéronse resultados moi satisfactorios, cun total de 147 concertos programados e cunha media de asistencia e de ocupación superior á de edicións anteriores. Inscribíronse 812 propostas, das cales se seleccionaron 22 artistas de diversas procedencias xeográficas e con estilos musicais variados. Ademais, 211 salas inscribíronse na convocatoria.
Javi Chapela: É un mozo compositor galego que comeza a súa carreira no ano 2020. Cun son indie pop-rock e a pesar da súa xuventude, a súa música mostra unha gran madurez e un estilo propio na súa voz. O seu tema máis coñecido, ‘Sin Tiempo Para Bailar’, xunto a Íñigo Quintero, acumula máis de 24 millóns de reproducións.
CALENDARIO DE CONCERTOS #GPS16
13/3 Flecha Valona | La Fábrica de Chocolate
12/4 Lluís Sánchez | Sala Rebullón
19/4 Kike M | Sala Rebullón
1/5 Javi Chapela | Sala Supersonic
16/5 Ona Mafalda | La Pecera
30/5 Galerna | La Fábrica de Chocolate
Prezo: 10,50 €
Hora
1 maio, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Supersonic
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra


