XERAIS

30mai21:30Girando por salas: Galernaconcertos | desde 10,00 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

GPS Girando Por Salas é un circuíto de músicas populares concibido para a promoción das músicas actuais, facilitar aos artistas emerxentes un circuíto de concertos e salas máis alá da súa propia comunidade autónoma e potenciar a música en directo. Na edición GPS15, a última realizada ata o momento, obtivéronse resultados moi satisfactorios, cun total de 147 concertos programados e cunha media de asistencia e de ocupación superior á de edicións anteriores. Inscribíronse 812 propostas, das cales se seleccionaron 22 artistas de diversas procedencias xeográficas e con estilos musicais variados. Ademais, 211 salas inscribíronse na convocatoria.

Galerna: Son Mario, Miguel, Carlos, Lucas e Guillermo, pero tamén o foron, nalgún momento, Pablo e Javier. A maioría destes mozos de vinte anos xa formaban parte desde facía anos dunha cuadrilla de amigos de Bilbao que se uniu polo surf e pola música. Esa amizade e as viaxes a Cantabria acabaron por materializarse en cancións e, consecuentemente, nunha banda.

CALENDARIO DE CONCERTOS #GPS16

13/3 Flecha Valona | La Fábrica de Chocolate
12/4 Lluís Sánchez | Sala Rebullón
19/4 Kike M | Sala Rebullón
1/5 Javi Chapela | Sala Supersonic
16/5 Ona Mafalda | La Pecera
30/5 Galerna | La Fábrica de Chocolate

Entradas

Prezo: desde 10,00 €