REVISTA ABRIL

Gira Maketon: Adrian Timms

12nov20:00Gira Maketon: Adrian TimmsCONCERTOS | De balde20:00(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

Volve a Xira Maketon Maeloc Way con catro datas de diferentes artistas en tres salas diferentes da cidade:

  • Venres 12 Novembro ́21. Sala LA PECERA > ADRIAN TIMMS
  • Venres 19 Novembro´21. Sala LA PECERA > SANTOS VIBES
  • Venres 26 Novembro´21. Sala LA IGUANA CLUB > HELEN & SHANNA
  • Martes 7 Decembro´21. Sala RADAR > LOS JINETES DEL TRÓPICO

O venres 12 abre o ciclo Adrian Timms con pase doble: ás 20:00 e 22:00h.

Adrian Timms (1992) é un cantautor de xénero folk/pop nado en Swindon, Inglaterra, actualmente fincado en Vigo. En abril de 2021 lanza o seu primeiro LP, ” Part Won”. O título homófono «Parte Gañada/Primeira Parte» reflicte a temática de crecemento e superación coas experiencias e leccións aprendidas durante a súa primeira década de xestación como adulto e como músico. A nova formación inclúe instrumentos acústicos e xorde de maneira natural un disco orgánico dacabalo entre o Indie e o Folk. A interacción co público é un dos seus fortes, o seu son british, as súas melodías pop pegadizas e as súas influencias eclécticas crean un combo dinámico. Comeza os concertos mostrando o seu lado máis sentimental e aos poucos transfórmase sobre o escenario bailando entre a delicadeza e o racho. Transmite unha mensaxe de unión conectando cos que o descobren en directo.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events