REVISTA ABRIL

Ginebras

28ago21:00GinebrasCONCERTOS| 19,80 €21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Logo de verse obrigados a adiar o seu concerto, o Festival Vive Nigrán anuncia a data para o concerto de Ginebras, o 28 Agosto 2021 na Terraza Auditorio Mar de Vigo ás 21.00 horas e aínda hai algunhas entradas dispoñibles a través de teuticket.

As persoas con entradas do Vive Nigrán para o venres 16 de xullo ou abonos do poderán asistir a esta nova data. Para todas elas, é imprescindible realizar a reconfirmación de asistencia escribindo a ataquilla@afundacion.org nun prazo de 10 días (ata o 30 de xullo). Para solicitar a devolución do importe correspondente ao concerto de Ginebras, no caso daquelas persoas que non poidan acudir á nova data, é necesario escribir a devoluciones@ataquilla.com dentro do mesmo prazo de 10 días.

Ginebras chegan a Vigo semanas despois de lanzar o seu último tema ”La ciudad huele a sudor’, unha aposta para converterse na canción do verán, desde o pop rock máis divertido. O seu último tema chega case un ano despois do seu primeiro traballo de estudo ‘Ya dormiré cuando me muera’, un disco que logrou consagralas como unha das referencias máis importantes do momento. Este cuarteto feminino entrou arrasando na escena indie nacional coa súa adictiva mestura de frescura e boas cancións e en pouco tempo convertéronse nunha das bandas que todo o mundo quere ver, cun dos directos máis enérxicos do momento e a súa peculiar visión do mundo pop.

Vive Nigrán pechou a súa quinta edición en xullo en Monte Lourido, Praia América, un marco privilexiado á beira do mar con todas as medidas de seguridade, aforos limitados e público sentado, nunha firme aposta pola música en directo nunha contorna segura, completado cunha programación paralela para todas as idades. Nesta edición do festival que volveu á súa localización orixinal, pasaron por Nigrán SIDECARS, NATALIA LACUNZA, LOCOPLAYA, VERTO, CEDECÉ, BABYKATZE. A programación completouse coa Sesión Vibra Mahou o sábado en horario matinal con SHINOVA e MOUNQUP.

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+02:00)