Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego – A Movida

decembro, 2018

05dec(dec 5)10:0016(dec 16)19:30Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galegoACTIVIDADE INFANTIL | De balde10:00 - 19:30 (16) Praza do Rei

Máis

Detalles do evento

No marco da programación do Ano da Lingua, o departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todas as comarcas da provincia o universo Bolechas para que toda a rapazada poida coñecer a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de todo o país.

“Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego” propón un itinerario dividido en 12 espazos que, ademais de á aprendizaxe, convidan á experimentación e á diversión. Neles as cativas e os cativos poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral. A mostra, ademais de participativa e didáctica, tamén é inclusiva e multisensorial e atende ás necesidades de todas as persoas, incluso ás daquelas que teñan algún tipo de dificultade ou discapacidade.

En Vigo estará do 5 ao 16 decembreo na Praza do Rei.

Horario da exposición:
De luns a venres, de 10 a 13:30 h e de 16 a 20 h Sábados, domingos e festivos: de 11 a 14 h e de 16 a 20 h

Para concertar visitas de grupos escolares e máis información sobre os contidos:
osbolechas@osbolechas.com
981 569 155

Hora

5 (Mércores) 10:00 - 16 (Domingo) 19:30

Lugar

Praza do Rei

Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra

X