Este é un evento repetitivo7 outubro, 2021 19:309 outubro, 2021 19:30
GastroFan
08out19:30GastroFanGASTRO | De balde19:30(GMT+02:00) C.C. Gran Vía
Detalles do eventos
GastroFan é un evento culinario que terá lugar no CC Gran Vía de Vigo os próximos 7, 8 e 9 de outubro. O xoves
Detalles do eventos
GastroFan é un evento culinario que terá lugar no CC Gran Vía de Vigo os próximos 7, 8 e 9 de outubro.
O xoves día 7 de 19:30 a 20:30 contarase coa presenza de Ketty Fresneda, finalista do programa culinario MasterChef. Impartirá un Showcooking dunha das tendencias culinarias do momento: Batch Cooking. Entre todos os asistentes, online e presenciais, sortearán packs gourmet e pequenos electrodomésticos.
O venres 8 contarase coa presenza de Pedro García, campión de España en coctelería acrobática, que vos deixará pampos cun taller de cócteles sen alcol e cos mellores movementos, trucos e acrobacias. Levará a cabo dous pases no seguinte horario: de 19:30 a 20:15 e de 20:45 a 21:30.
O Chef máis mediático do momento, Chef Bosquet, especializado en cociña saudable visitará o centro comercial o sábado 9, no horario de 19:30 a 20:30, para impartir un divertido Showcooking de Fast Good empregando produtos locais.
As actividades son de balde. O prazo de inscrición para cada unha das actividades é do 22 de setembro ao 4 de outubro no Punto de Atención ao Cliente do CC Gran Vía de Vigo, acreditándose como membro do Club dos Disfrutones. Entre todos os inscritos realizarase un sorteo para as prazas presenciais que serán limitadas. Os que non gañen recibirán no correo electrónico unha ligazón privada de Youtube para seguir en rigoroso directo as actividades.
Para os asistentes presenciais haberá agasallos e sorteos de produtos en cada unha das actividades.
PROGRAMA
- Xoves 7: Showcooking con Ketty Fresneda
- Venres 8: Taller de coctelería con Pedro García
- Sábado 9: Showcooking con Chef Bosquet
Máis
Hora
8 outubro, 2021 19:30(GMT+01:00)
Localización
C.C. Gran Vía
Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes