REVISTA FEBREIRO

Gastro Movida Summit

19nov(nov 19)09:1521(nov 21)23:30Gastro Movida SummitGASTRO | De balde09:15 - 23:30 (21)(GMT+01:00) Tinglado del Puerto de Vigo

Detalles do eventos

A segunda edición do congreso gastronómico Gastro Movida Summit, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de novembro en Vigo, reunirá a referentes da industria gastronómica galega para poñer en valor e reivindicar o produto de proximidade que ofrece o mar e a terra de Galicia. Deseñado “por e para a industria gastronómica”, en palabras de David Suárez, o seu principal impulsor, Gastro Movida Summit pretende converterse nun movemento social da cidade e un vehículo para xerar e potenciar unha “movida real” dentro da industria gastronómica galega, xa que a pesar de estar só na súa segunda edición é xa un escaparate para chefs, establecementos e propostas innovadoras do ámbito gastronómico e alimentario.

O congreso está comisariado, do mesmo xeito que a súa primeira edición, por Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón, cunha estrela Michelín, e Juan Figueroa Treus, hostaleiro e presidente de Catadores Galegos. Ademais de estar aberto ao público en xeral, as mesas redondas e relatorios serán emitidas en streaming a través da súa web.

LUNS 20

MARTES 21 (o campus wine ten un custe de 20€)

INSCRICIÓNS

Máis

Hora

19 novembro, 2023 09:15 - 21 novembro, 2023 23:30(GMT+01:00)

Localización

Tinglado del Puerto de Vigo

Estrada Porto, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events