>

24out19:30GARÚAESPECTÁCULOS | CAIXA INVERSA19:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

Marianella Vallazza presenta a obra GARÚA, unha peza que ensina sobre o ciclo da auga,  poética, xoguetona e sensíbel, pensada para todas as idades.

SINOPSE

Celestina vén ensinarnos sobre a auga: a auga e os seus ciclos.

A auga de fóra e a auga de dentro.
Ás veces tamén chove por dentro, non si?
Celestina hai moito que non chora… e nin sequera sabe ben por que.

Garúa móstranos este personaxe en distintas situacións que lle van dicindo como vivir.
Pero… cal é a maneira Celestina de vivir?

Celestina sente as emocións como a auga sente os seus ciclos.

Hora

24 outubro, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events