CAMELIAS NADAL

05dec(dec 5)08:00Game Jam "Dende o Galego, con Humor"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde08:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

A Fundación Carlos Casares organiza unha maratón de desenvolvemento de videoxogos de sete días. O obxectivo da iniciativa é que desenvolvedores/as, artistas, escritores/as… que traballan, que se están a formar ou que teñen como afección a creación no sector do lecer interactivo leven a cabo en solitario ou en equipos de ata 3 persoas un videoxogo ou prototipo xogable humorístico en lingua galega.

INSCRICIÓNS EN ITCH.IO (é un concurso online)

O equipo que gañe o primeiro posto recibirá un premio en metálico de 300 €; o segundo clasificado recibirá un premio en metálico de 150 €; o terceiro clasificado recibirá un premio en metálico de 75 €. O premio poderá entregarse nun evento público ou despois dunha notificación a través do enderezo de correo electrónico utilizado para o rexistro.

A participación debe ser en equipos de 1 a 3 membros. Poderán participar no Concurso todas as persoas interesadas que, ao finalizar a Game Jam, cumpran todos e cada un dos seguintes requisitos:

    • Ser maior de 18 anos, sen límite de idade superior.

    • Ser residente en España (agás para equipos con máis dun membro, nese caso un dos membros do equipo debe ser residente en España).

   • Cada participante debe identificarse con polo menos un dos seguintes perfís:

      > Programación: Programación ou Integración de motores.

      > Arte: Deseño gráfico, 2D, 3D, Modelado, Animación, Ilustración.

      > Deseño de xogos: Deseño de xogos / Deseño narrativo.

      > Outros: Márketing, Guionismo, Música, Localización…

Hora

5 decembro, 2025 08:00(GMT+01:00)