24xuñ22:00GalkanCONCERTOS | Desde 5,00 €22:00(GMT+02:00) Café De Catro a Catro

Detalles do eventos

Galkan presenta un concerto no que darán a coñecer os novos temas do seu próximo álbum Pelerinaxes, que verá a luz este ano. A súa música combina creacións propias inspiradas nas raíces galegas da muiñeira ou a xota con estruturas máis próximas a ritmos doutras latitudes, como a rumba, e letras que abordan o feminismo, a protección da infancia, Galiza, Latinoamérica e as experiencias persoais dos integrantes do grupo. 

Nesta nova fase, as composicións incorporan tamén novos referentes e miradas, bebendo da tradición oral galega a través de figuras como Florencio, o cego dos Vilares, e da forza lírica da poesía de Paco Souto.  

Hora

24 xuño, 2026 22:00(GMT+02:00)

Localización

Café De Catro a Catro

R. de Gerona, 16, Freixeiro, 36211 Vigo

Other Events