08nov21:00GalkanCONCERTOS | Caixa inversa21:00(GMT+01:00) Arco da Vella

Detalles do eventos

Sábado 8 de novembro. Vigo, ás 21h.
Concerto do proxecto musical Galkan no Arco da Vella
Estilo: Folk Fusión Galego

Galkan presenta un concerto no que darán a coñecer os novos temas do seu próximo álbum Pelerinaxes, que verá a luz o vindeiro ano. A súa música combina creacións propias inspiradas nas raíces galegas da muiñeira ou a xota, até estruturas máis próximas a ritmos doutras latitudes como a rumba, con letras que abordan o feminismo, a protección da infancia, Galiza, Latinoamérica e as experiencias persoais dos integrantes do grupo.

Formación:
Cristian Rodríguez (baixo e pandeireta)
Manu Castro (guitarra)
Lina Lóbui (voz)
Abraham Herrero (ventos)
Lucía Pretone (violín)

Entrada inversa

Hora

8 novembro, 2025 21:00(GMT+01:00)

Localización

Arco da Vella

Rúa Churruca, 2, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events