REVISTA VERAN

12xul13:00Galkan inicia o ciclo de concertos na Fundación SalesCONCERTOS | 7,00 €13:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Un dos plans máis apetecibles do verán son os concertos na Fundación Sales, esa pequena xoia aínda descoñecida para moitos vigueses. Coa chegada do verán volve a actividade musical á Fundación Sales. O xardín botánico situado na avenida de Europa acollerá en xullo catro concertos de estilos variados. Con este tipo de eventos, a Fundación busca atraer a novo público e divulgar a súa ampla variedade de flora.

A Fundación Sales organiza unha sesión vermú, acompañada dun concerto do proxecto galego Galkan, formado por Cristian Rodríguez (baixo e pandeireta), Manu Castro (guitarra), Lina Lóbui (voz), Abraham Herreros (ventos) e Lucía Prieto (violín). Cun estilo folk fusión galego, a banda tocará música propia inspirada tanto nas raíces galegas (como a muiñeira ou a xota) como en ritmos doutras latitudes (por exemplo, a rumba). As súas letras abordan temáticas sociais, desde experiencias persoais propias ata o feminismo ou a protección da infancia.

– 12 xullo a 13:00 h: Galkan (7 €)
– 17 xullo as 20:00 h: Francisco Castro (10 €)
– 18 xullo as 20:00 h: Santiago Meijide (10 €)
– 19 xullo as 20:00 h: Hot Air Balloon (10 €)

Reservas: info@salesxardin.com

Máis

Hora

12 xullo, 2025 13:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events