20ago20:00GalkanCONCERTOS | 5,00 €20:00(GMT+02:00) Fundación Sales
Detalles do eventos
Galkan presenta este xoves 20 de agosto, ás 20:00 horas, na Fundación Sales de Vigo, o seu novo traballo, Pelerinaxes, nun concerto que servirá como presentación oficial do
Detalles do eventos
Galkan presenta este xoves 20 de agosto, ás 20:00 horas, na Fundación Sales de Vigo, o seu novo traballo, Pelerinaxes, nun concerto que servirá como presentación oficial do álbum, dispoñible xa nas plataformas dixitais.
A banda galega desenvolve unha proposta de folk fusión na que os ritmos tradicionais, como a muiñeira e a xota, conviven con influencias da rumba, o punk e sonoridades tanto acústicas como eléctricas. Unha mestura que tamén se traslada ás súas letras, nas que aparecen cuestións como o feminismo, a protección da infancia, Galicia, Latinoamérica ou as propias inquedanzas persoais dos seus integrantes.
Nesta nova etapa, Galkan amplía ademais as súas referencias achegándose á tradición oral galega e á poesía. Pelerinaxes bebe de figuras como Florencio, o Cego dos Vilares, así como da obra do poeta Paco Souto, incorporando estas influencias ao universo musical propio da formación.
Entrada 5€
Reserva de entradas en info@salesxardin.com
Hora
20 agosto, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Fundación Sales
de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




