25abr21:00GALKANCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Centro Social A Nubeira
Detalles do eventos
Galkan presenta un concerto no que darán a coñecer os novos temas do seu próximo álbum Pelerinaxes, que verá a luz este ano. A súa música combina creacións propias inspiradas
Detalles do eventos
Galkan presenta un concerto no que darán a coñecer os novos temas do seu próximo álbum Pelerinaxes, que verá a luz este ano. A súa música combina creacións propias inspiradas nas raíces galegas da muiñeira ou a xota con estruturas máis próximas a ritmos doutras latitudes, como a rumba, e letras que abordan o feminismo, a protección da infancia, Galiza, Latinoamérica e as experiencias persoais dos integrantes do grupo.
Nesta nova fase, as composicións incorporan tamén novos referentes e miradas, bebendo da tradición oral galega a través de figuras como Florencio, o cego dos Vilares, e da forza lírica da poesía de Paco Souto.
Formación:
Cristian Rodríguez (baixo e pandeireta)
Manu Castro (guitarra)
Lina Lóbui (voz)
Abraham Herrero (ventos)
Lucía Pretone (violín)
Hora
25 abril, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Centro Social A Nubeira
R. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
abril

