XERAIS

24abrTodo o día26Galiexpo Motorshowfestivais e feiras | desde 12,00 €(Todo o día)(GMT+02:00) IFEVI

Detalles do eventos

O Galiexpo Motorshow volve esta fin de semana ao Ifevi cun espazo expositivo de 50.000 metros cadrados, nos que se darán cita arredor de 100 empresas e profesionais procedentes de distintos países europeos. Ademais, o salón ten como obxectivo acadar os 25.000 espectadores ao longo dos seus tres días de celebración: do 24 ao 26 de abril.

A feira exporá unha ampla gama de vehículos, con presenza de superdeportivos, vehículos clásicos, motos e furgo-camper, consolidándose como unha cita de referencia para profesionais e afeccionados. A programación incluirá tamén a recuperación das actividades no exterior do recinto, con espectáculos de drift indoor, manobras extremas, así como concentracións de coches e motos. Entre os participantes nestes encontros destacan figuras recoñecidas como Ángel Gaitán, Fernando Vega de Seoane e membros do equipo Recalvi Team, entre eles os pluricampións de España de rallies José Antonio ‘Cohete’ Suárez e Jorge Cagiao.

Ademais, o evento contará con zona de virtual gaming, presentacións das últimas novidades do mundo da preparación e do motorsport e unha ludoteca gratuíta para o público infantil. A organización mantén o seu carácter familiar, con entrada gratuíta para nenos de ata 7 anos e prezos reducidos para menores de 12.

No ámbito social, Galiexpo Motorshow continuará a súa colaboración con organizacións sen ánimo de lucro, destinando parte da recadación das exhibicións de drift a Médicos Sen Fronteiras e convidando a 89 asociacións a visitar o salón.

Galiexpo Motorshow combina espectáculo, innovación, industria e compromiso social, converténdose nun evento
estratéxico para o noso territorio.

Hora

24 abril, 2026 - 26 abril, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events