VIALIA
bannerPicnicSesions

GALICREQUES - O DIA EM QUE A MORTE SAMBOU

10out18:00GALICREQUES - O DIA EM QUE A MORTE SAMBOUPEQUERRECHOS | Desde 7,00€18:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Seu Biu é un vello brincador que non deixa que a súa idade nin a morte poñan fin á súa alegría de vivir. A pesar de vivir só e ser obxecto de moitas críticas e envexas, vive sorrindo e bailando, feliz e despreocupado. Ten música, danza e, sobre todo, unha forte conciencia da súa profunda conexión coa natureza.

Un día, a Morte decide buscalo. Pero cando chega á casa do ancián, é recibida dun xeito totalmente inesperado…

Prezo:
– Venta online:
Entrada Xeral: 7€ + gastos de xestión
Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 6€ + gastos de xestión
– En taquilla:
Entrada Xeral: 10€
Bono Familiar: Tres ou máis membros da mesma familia (Entre 0 e 99 anos) 8€

Idades recomendada: a partir de 8 anos

Duración: 45 min

Este espectáculo está dentro da programación da sexta edición do Festival Galicreques onde se presentan varias propostas e unha programación rica en técnicas, estilos, estéticas e argumentos con títeres de luva, novas tendencias, marionetas de fío, animación de obxectos, teatro de sombras… O calendario de espectáculos é o seguinte:

– Sábado 10 de outubro ás 18 horas: “O día em que a Morte sambou” Valeria&Habibi (Brasil)

– Domingo 11 de outubro ás 20 horas: “No es el fin del huerto de Fermín” A lúa teatro (Salamanca)

– Venres 16 de outubro ás 21.30 horas: “Miragres” Spaguetti / Microminia / Bernardo (Galicia)

– Sábado 17 de outubro ás 21.30 horas: “Plastikus” Krisálida (Portugal)

– Domingo 18 de outubro ás 20.00 horas: “El hombre que plantaba árboles” Victor Biau (México-Aragón) Estrea Coprodución Galicreques 2020

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events