>

26xuñTodo o día27Galicia FestFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 35, 00 €(Todo o día)(GMT+02:00) Peirao de transatlánticos

Detalles do eventos

O peirao de Trasatlánticos acolle a segunda edición do Galicia Fest os días 26 e 27 de xuño.

La Reina del FLow, o fenómeno televisivo global, que vendeu máis de 120.000 billetes durante a súa xira actual, actúa o venres dentro do marco do festival. Producido por Caracol e difundido por Netflix a nivel mundial, executará un show de 120 minutos e tras rexistrar cheos absolutos en localidades como Alacante, Selecta ou Sevilla. Esa mesma noite tamén actuará o músico arxentino Coti e unha boa representación de músicos galegos: Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit e Sabela.

A xornada de sábado estará encabezada polas actuciaóns de Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers e Taburete, que serán introducidos polas actuacións de Vera Fauna, Carla Lourdes, Fredi Leis e Marlena.

 A programación complétase cun elenco de dez deejays procedentes de diversos puntos da xeografía galega serán os responsables de asegurar que a música non pare en ningún momento durante as dúas xornadas. Entre os nomes destacados figuran artistas como Víctor Rivas, pontevedrés con gran presenza na escena nacional; e Bea Fernandes, residente na sala Radar Estudios de Vigo, que traerá o seu estilo ecléctico que viaxa desde o electro-pop ata ritmos urbanos.

HORARIOS:

VENRES 26
16:00 h – Maryland
16:50 h – Pablo Lesuit
18:10 h – Sabela
19:25 h – Coti
21:05 h – Miriam Rodríguez
22:45 h – La Reina del Flow
01:00 h – Jose Rico

SÁBADO 27
15:15 h – Vera Fauna
16:20 h – Carla Lourdes
17:35 h – Fredi Leis
18:50 h – Marlena
20:25 h – Taburete
22:15 h – Lori Meyers
00:00 – Álvaro de Luna
01:35 – Juan Magán

Entradas nesta ligazón.

Hora

26 xuño, 2026 - 27 xuño, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Peirao de transatlánticos

Rúa Cánovas del Castillo, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events