decembro, 2019

21dec10:00Evento canceladoGALICIA CANÍBAL III: ESTILOS ARQUITECTÓNICOSACTIVIDADES PARA O COCO | 15,00€10:00

Máis

Detalles do evento

Presentamos o terceiro e último capítulo da serie de roteiros Galicia Caníbal – Vigo. Uns roteiros que pretenden facernos reflexionar sobre a escasa protección que ten a nosa arquitectura moderna.

Neste capítulo centrarémonos nos edificios máis emblemáticos do Ensanche Decimonónico Burgués. Percorreremos o núcleo, a parte central e máis importante deste conxunto patrimonial edificado, recoñecendo os diferentes estilos que se utilizaron: Eclecticismo, historicismo, modernismo, rexionalismo, racionalismo e a autarquía. Devandito percorrido cronolóxico axudaranos a coñecer os diferentes momentos históricos, o pensamento dos seus creadores (arquitectos e canteiros), os negocios dos burgueses, etc…

Ao falar de cada edificio concreto seguiremos profundando no coñecemento desta sociedade e empezaremos a poñerlle caras tanto aos seus personaxes como aos recunchos das rúas que hoxe en día nolos lembran.

Para este terceiro roteiro, seguiremos contando coa colaboración do arquitecto Nacho Hortas, de Estudo04, responsable do equipo multidisciplinar que levou a cabo a incoación do Ensanche de Vigo como B.I.C. e experto en rehabilitación.

Este roteiro forma parte dunha serie de 3 roteiros:

1ª Roteiro 7 Decembro. Vigo Caníbal Capítulo I: Iniciación
2ª Roteiro 14 Decembro. Vigo Caníbal Capítulo II: Infraestruturas
3ª Roteiro 21 Decembro. Vigo Caníbal Capítulo III: Estilos arquitectónicos.

DETALLES DO ROTEIRO

Dificultade: Baixa, é un roteiro completamente urbano, aínda que teremos que camiñar bastante por Vigo…e as súas costas.
Duración: 4 h ( 10 h-14 h)
PREZO

15€ por persoa. Desconto de 3€ para quen fixese os anteriores roteiros. Contacta con Volta Montana para acceder ao código desconto.

HORAS E PUNTOS DE ENCONTRO

Punto de encontro: Punto de encontro pendente de confirmación. Zona do ensanche
Hora de inicio: 10.00 h
Hora de finalización: 14.00 h aproximadamente

Hora

(Sádado) 10:00

X