xuño, 2019

22xuñ10:00GALICIA CANÍBAL II: INFRAESTRUCTURASROTEIRO | 15,00€10:00 Colmeiro Centro de Saúde

Máis

Detalles do evento

Presentamos a segunda parte do Roteiro Galicia Caníbal – Vigo. Unha serie de roteiros, que arrincan en Vigo, que pretenden facernos reflexionar sobre a escasa protección que ten o noso patrimonio, en particular a nosa arquitectura moderna.

Para este segundo roteiro, seguiremos contando coa colaboración do arquitecto Nacho Hortas, de Estudo04, responsable do equipo multidisciplinar que levou a cabo a incoación do Ensanche de Vigo como BIC e experto en rehabilitación.

Nesta ocasión, entraremos no Centro educativo Labor, onde faremos unha visita ás súas instalacións e falaremos da súa infraestrutura.

Ademais visitaremos por fóra (sen chegar a entrar) os seguintes edificios:

+ Primeiro hospital de Vigo: hospital Elduayen.

+ Infraestrutura de abastecemento de auga: depósito do Castro

+ Infraestrutura industrial de alimentación: a Panificadora

Nacho é quen nos falará da arquitectura particular destes 4 edificios emblemáticos de Vigo, que a pesar diso, carecen de protección e non están catalogados como BIC (Ben de Interese Cultural).

Neste roteiro acompañaranos tamén Cristina, a guía oficial.

“O CONTO DA FONTE DO PENEDO (INFRAESTRUTURA EDUCATIVAS)  E TRES MÁIS”

Catro historias que presentan catro melloras infraestructurais que necesitou a cidade que mais crecía de Europa.

Esta historia nos servirá para mergullarnos na vida de dous burgueses unidos por unha propiedade a que lle van a dar un uso distinto.

O primeiro propietario desta facenda é un burgués prototípico: un personaxe de vida social moi intensa, un empresario con moitos frentes abertos e un político comprometido coa mellora da cidade.

O segundo propietario entra a formar parte desta historia pola debacle nos negocios do primeiro e por unha reforma realizada pola Segunda República. O novo dono transforma, esta fantástica propiedade, nunha infraestrutura educativa de primeiro nivel que a cidade precisaba para mellorar a alfabetización da poboación.

Polo tanto con este conto aproveitaremos para entender a situación da ensinanza a finais do século XIX e principios do XX. Comprenderemos os bos alicerces que esta sociedade montou e que hoxe en día seguimos a gozar.

DETALLES DO ROTEIRO

Dificultade: Baixa, é un roteiro completamente urbano, aínda que teremos que camiñar bastante por Vigo…e as súas costas.
Duración: 4 h
Edificios nos que entraremos e visitaremos:
Centro educativo Labor
Edificios polos que pasaremos e visitaremos polo exterior, sen chegar a entrar:
Primeiro hospital de Vigo: hospital Elduayen.
Infraestrutura de abastecemento de auga: depósito do Castro
Infraestrutura industrial de alimentación: a Panificadora

Punto de encontro: Porta principal do Centro de saúde de Pintor Colmeiro
Hora de inicio: 10.00h
Hora de finalización: 14.00h aproximadamente

Hora

(Sádado) 10:00

Lugar

Colmeiro Centro de Saúde

Rúa do Pintor Colmeiro, 11, 36211 Vigo, Pontevedra

X