decembro, 2019

07dec10:00GALICIA CANÍBAL I: ARQUITECTURA PERDIDA DE VIGOACTIVIDADES PARA O COCO | 15,00€10:00 Rúa do Placer (escaleiras mecánicas)

Máis

Detalles do evento

Este roteiro por Vigo para coñecer como unha pequena vila de 5.000 habitantes transformouse na maior urbe de Galicia, eliminando no proceso moitos dos edificios máis emblemáticos de Vigo e de Galicia. O título de «Galicia Caníbal» non é casualidade. Co paso do tempo, as nosas cidades e vilas «canibalizaron» o seu propio patrimonio para levantar modernos edificios de aceiro e formigón.

Esta cidade é ben coñecida polos «crimes arquitectónicos» realizados durante o desenvolvismo dos anos 60 e 70. O roteiro discorre fose da área catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC), principalmente polo ensanche Vigués, onde se atopan os exemplos máis impactantes de arquitectura caníbal. Precisamente a perda de moitos dos edificios máis emblemáticos de Vigo (e de Galicia), foi posible grazas á ausencia dunha normativa que os protexese da brutal presión da especulación.

Varias desas edificacións perdidas son, por exemplo: o Edificio Rubira (1880 -1967), o Edificio de Axénciaa Escaleira (1909-1969), o Cinema Odeón (1916-1969), Casa do Conde de Torrecedeira (1910), Mercado do Progreso, Mercado da Laxe, e un longo etcétera. Polo devandito con anterioridade, podemos afirmar que esta non se trata dun roteiro guiado ao uso, destinada a turistas para coñecer Vigo e a súa historia (para iso hai roteiros guiados por Guías Oficiais que fan un excelente labor). Non, o roteiro está destinado a persoas que xa coñecen Vigo, amantes da arquitectura, que queiran coñecer a historia da arquitectura da cidade desde o prisma dun arquitecto. E non un arquitecto calquera, se non o encargado de redactar o estudo para incluír o ensanche vigués na zona BIC ou de protección. Centrarase na arquitectura e fará un percorrido polos edificios máis emblemáticos que aínda resisten en pé, e os que foron substituidos por moles de formigón e aceiro.

Para este roteiro contaremos coa colaboración do arquitecto vigués Nacho Hortas, do estudo de arquitectura Estudo04.

Este roteiro forma parte dunha serie de 3 roteiros:

1ª Roteiro 7 Decembro. Vigo Caníbal Capítulo I: Iniciación.
2ª Roteiro 14 Decembro. Vigo Caníbal Capítulo II: Infraestruturas.
3ª Roteiro 21 Decembro. Vigo Caníbal Capítulo III: Estilos arquitectónicos.

+ Punto de encontro: Rúa Placer, ao final das escaleiras mecánicas  (dirección google maps: https://goo.gl/maps/u2HLXAYRLs1PQXjJ7 )

+ Hora de inicio: 10.00h

+ Hora de finalización: 14.00h no mercado do Progreso

Hora

(Sádado) 10:00

Lugar

Rúa do Placer (escaleiras mecánicas)

Rúa do Pracer 36202 Vigo Pontevedra

X