xuño, 2019

15xuñ10:00GALICIA CANÍBAL I: ARQUITECTURA PERDIDA DE VIGOROTEIRO | 15,00€10:00 Mina de Neptuno

Máis

Detalles do evento

Este roteiro por Vigo para coñecer como unha pequena vila de 5.000 habitantes transformouse na maior urbe de Galicia, eliminando no proceso moitos dos edificios máis emblemáticos de Vigo e de Galicia. O título de «Galicia Caníbal» non é casualidade. Co paso do tempo, as nosas cidades e vilas «canibalizaron» o seu propio patrimonio para levantar modernos edificios de aceiro e formigón.

Tampouco é casualidade que escollésemos Vigo para inaugurar esta serie roteiros, xa que esta cidade é ben coñecida polos «crimes arquitectónicos » cometidos durante o desenvolvismo dos anos 60 e 70. O roteiro, discorre fora da área catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC), principalmente polo ensanche Vigués, onde se atopan os exemplos máis impactantes de arquitectura caníbal. Precisamente a perda de moitos dos edificios máis emblemáticos de Vigo (e de Galicia), foi posible grazas á ausencia dunha normativa que os protexese da brutal presión da especulación.

Varias desas edificacións perdidas son, por exemplo: o Edificio Rubira (1880 -1967), o Edificio de Axencia Escaleira (1909-1969), o Cinema Odeón (1916-1969), Casa do Conde de Torrecedeira (1910), Mercado do Progreso, Mercado da Laxe, e un longo etcétera. Polo dito con anterioridade, podemos afirmar que esta non se trata dun roteiro guiado ao uso, destinada turistas para coñecer Vigo e a súa historia (para iso hai roteiros guiados por Guías Oficiais que fan un excelente labor). Non, o roteiro está destinado a persoas que xa coñecen Vigo, amantes da arquitectura, que queiran coñecer a historia da arquitectura da cidade desde o prisma dun arquitecto. E non un arquitecto calquera, se non o encargado de redactar o estudo para incluír o ensanche vigués na zona BIC ou de protección. Centrarémonos na arquitectura e faremos un percorrido polos edificios máis emblemáticos que aínda resisten en pé, e os que foron substituidos por moles de formigón e aceiro.

Para este roteiro contaremos coa colaboración do arquitecto vigués Nacho Hortas, do estudo de arquitectura Estudo04, acompañado pola guía oficial Cristina Collazo. Como dixemos con anterioridade, este roteiro é a primeira parte dunha serie de roteiros, pois ben, xa temos data e evento para a segunda parte: o 22 de xuño arrinca o capítulo II: Infraestruturas.

DETALLES DO ROTEIRO

+ Dificultade: Baixa, é un roteiro completamente urbano, aínda que teremos que camiñar bastante por Vigo…e as súas costas.

+ Duración: 4 h aproximadamente

PREZO

+ 15€ por persoa.

HORAS E PUNTOS DE ENCONTRO

+ Punto de encontro: Rúa Pracer, ao final das escaleiras mecánicas

+ Hora de inicio: 10.00 h

+ Hora de finalización: 14.00 h no mercado do progreso

Hora

(Sádado) 10:00

Lugar

Mina de Neptuno

Rúa Segunda República, 14-16, 36202 Vigo, Pontevedra

X