Galería Maraca inaugura unha exposición de Abi Castillo sobre a maternidade
Detalles do eventos
O xoves 30 de novembro ás 19:30h a Galería Maraca inaugura a exposición Raio de Lúa da ilustradora e ceramista viguesa Abi Castillo. Castillo
Detalles do eventos
O xoves 30 de novembro ás 19:30h a Galería Maraca inaugura a exposición Raio de Lúa da ilustradora e ceramista viguesa Abi Castillo. Castillo é unha das artistas mais prometedoras do panorama galego, expoñendo na reputada galería Thinkspace de Los Ángeles (EEUU) ou en París na Galerie Zberro; ademais participou en espazos como Justmad, Hybrid Art Fair en Madrid, Ou! Galería en Porto e Crackids Lisboa e colaborou coa marca de moda Zara coas súas ilustracións no proxecto Women in Art.
Nesta ocasión Abi Castillo tráenos unha mostra de pezas de cerámica e de ilustración que ofrecen a súa visión da maternidade, desde o punto de vista do namoramento profundo e a intoxicación de oxitocina, grazas á que, nas súas palabras, “sobreviviu este último ano”. Esta expo, Raio de Lúa, é un conxunto de obras concibidas durante a noite, nas que fala das cousas que están cambiando nela, das fases plenas e das fases vacías, que como a lúa volven de maneira cíclica.
Máis
Hora
30 novembro, 2023 19:30(GMT+01:00)
Localización
Galería Maraca
Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra