REVISTA VERAN

17xuñ18:00GALEGAS NA PANTALLA: 'ELAS, PRODUTORAS EXECUTIVAS'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

No marco do ciclo de faladoiros Galegas na pantalla, a Biblioteca Juan Compañel acolle o visionado de Elas, productoras executivas (AGAPI, 2022) e o faladoiro posterior, a cargo de Beli Martínez e Paula Cons.

SINOPSE

Elas, produtoras executivas é unha peza audiovisual destinada a poñer en valor o traballo invisible das mulleres na produción e mostrarlles referentes femininos ás xeracións máis novas, toda vez que Galicia é unha excepción no Estado polo maior número de mulleres con cargos directivos nas produtoras.

Dirixida e protagonizada por elas, quere darlles voz a todas as produtoras que fan posible un audiovisual rico e diverso: Chelo Loureiro, Paula Cons, Nati Juncal, Jaione Camborda, Luisa Romeo, Laura Doval, Mercedes Nieto, Andrea Vázquez, Nina Hernández, Amalia Mato, Silvia Fuentes, Ruth Chao, Beli Martínez, Gael Herrera, Mónica Hidalgo, Eva Rivas, Inma Castaño, Zaza Ceballos, Mamen Quintas e Emma Lustres. Elas reflexionan sobre o camiño, os logros e fracasos, a conciliación, da autoesixencia, a competencia, os complexos, o machismo, a vulnerabilidade e a aceptación.

Máis

Hora

17 xuño, 2025 18:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events