GALA XI CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO
Detalles do eventos
O venres 22 de novembro (20:00 horas, sala Rosalía de Castro da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo) celebrarase o acto de entrega dos
Detalles do eventos
O venres 22 de novembro (20:00 horas, sala Rosalía de Castro da sede da Deputación de Pontevedra en Vigo) celebrarase o acto de entrega dos premios do XI Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira, coa colaboración da Fundación IgualArte e co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. Ademais, neste evento, presentarase o
undécimo volume do libro Relatos na rúa, no que aparecen, ademais dos relatos premiados, unha ampla selección das obras presentadas a esta edición do Certame e que foi realizada polo xurado.
O relato Marisol e os depredadores, de Marcos López Concepción, é o gañador da undécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, e nel se conta a historia dunha figura moi coñecida en Vigo a inicios de los 80: Marisol Paíno. Un traballo moi ben documentado e escrito de forma maxistral. O segundo premio foi para Un hombre con dos historias, de Miguel Vázquez Vigo, un relato moi humano, triste, que encolle a alma e nos recorda o drama dunha enfermidade “terriblemente de
moda” nos anos oitenta e que afectou en especial ao colectivo homosexual. O primeiro premio recibe 1.000 euros (dos que se deducirán automaticamente as retencións que estipula a lei), así como un lote de libros da Editorial Elvira, mentres que o segundo terá un premio en metálico de 500 euros (aos que se aplicarán as retencións correspondentes), máis o lote de libros. Ademais dos dous primeiros premios, hai catro accésits que recibirán tamén un lote de libros e un premio de 200 euros (coas retencións correspondentes). Os accésits foron para Cine Club (Antón Beiras); El último gol de Maradona (Jorge Valín); La muerte del dragón rojo (Juan Carlos Gómez) e Días de lluvia (Sabela Barreiro).
Un ano máis, a tarefa máis complicada foi para o xurado do Certame, que está formado pola escritora Ledicia Costas; o pintor Antón Pulido; o editor Bieito Ledo; a escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a escritora e actriz María Lado e a xornalista Noelia Otero Lago.
Na gala, presentarase tamén o libro Relatos na Rúa IX e contaremos coa actuación do grupo de danza de IgualArte, que ofrecerá dúas pezas do seu espectáculo Emóvere. Hai que recordar que a Editorial Elvira colabora con esta Fundación, entregando un euro do prezo de cada libro vendido a esta institución. A entrada á gala é libre, ata encher aforo.
Máis
Hora
22 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Diputación de Pontevedra (Sede Vigo)
Rúa de Oporto, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes