11out18:0020:30Gala Internacional de Magia “Galicia Ilusiona”ESPECTÁCULOS | Desde 17,70 €18:00 - 20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Pases:
Sábado 11 ás 18:00 e 20:30 h
Domingo 12 ás 12:30, 17:30 e 20:00 h

Xa está aquí a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona”, a gran cita anual coa maxia de máis alto nivel.

Un espectáculo único no que se reúnen algúns dos mellores e máis premiados magos do mundo enteiro. Un viaxe polas diferentes ramas da maxia, onde o público poderá ver números de ilusionismo orixinais que xiran continuamente polos mellores teatros e auditorios dos cinco continentes.

Toma asento e mérgullate nunha experiencia única, un show familiar cunha posta en escena espectacular na que non poderás nin pestanexar. A maxia dos número un xa está aquí.

Este ano, na Gran Gala Internacional, poderase gozar cos incríbles trucos de:

🎩 Mago Murphy (Madrid): Será por segundo ano consecutivo o presentador da Gala Internacional, o gran mestre de cerimonias. Despois de deixar pegada o ano pasado, chega con novos números inéditos, mantendo o seu carisma e humor tan persoal e inconfundible.
O mellor guía para un espectáculo de ilusionismo do máis alto nivel.

🎩 Seimei (Corea do Sur): A maxia máis oriental chega a Galicia. Seimei presenta un número cheo de tradición, cunha posta en escena coidada e efectos máxicos de gran impacto.
Un viaxe polo mundo do ilusionismo asiático, nun acto que nunca antes se presentou en España, estrea absoluta no Festival Galicia Ilusiona. Premiado co galardón Mundial de Maxia.

🎩 Nacho Samena (Galicia): Campión nacional de maxia, é un dos magos galegos con máis proxección na actualidade. A súa maxia é divertida e moi orixinal. Amosará o número que o levou a ser recoñecido internacionalmente e co que acadou importantes premios.
Unha fusión de música e destreza manual que dá lugar ao asombro máis absoluto. ¡A maxia galega é imparable!

🎩 David Burlet (Francia): Despois de triunfar nos mellores teatros, platós de televisión e cabarés do mundo, chega a Galicia Ilusiona para revolucionar os escenarios das cidades galegas.
Un acto de malabares e maxia cun ritmo trepidante e frenético, onde o máis mínimo erro pode ser fatal. ¡Un número un mundial na súa disciplina!

🎩 Compañía Mag Edgard (Barcelona): Un acto único no mundo presentado pola compañía Mag Edgard, formada por 8 artistas dispostos a crear un universo de película.
Un número espectacular de grandes aparatos, cunha escenografía única, chea de aparicións, desaparicións e levitacións de persoas.
Un viaxe ao mundo da infancia e dos soños, un dos números máis recoñecidos nos principais festivais máxicos a nivel mundial.
Sen dúbida, unha das propostas máis ambiciosas da actualidade, un despregamento sen precedentes para facer o imposible realidade.

Entradas

Hora

11 outubro, 2025 18:00 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events