09out20:00Gala ÉrgueteFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
A entidade organiza unha gran ceremonia para festexar o 40 aniversario do inicio da súa loita na que tamén participarán Arantxa Treus, Xosé Antonio Touriñán,
Detalles do eventos
A entidade organiza unha gran ceremonia para festexar o 40 aniversario do inicio da súa loita na que tamén participarán Arantxa Treus, Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco, a escola Media Punta e a artista Sofía Gaona. A xornada tamén terá un momento adicada a que a sociedade galega agradeza a estas mulleres toda a súa loita e dor. A entrada será gratuíta previa inscrición por orde de chegada ata completar o aforo dispoñible.
As nais da Asociación Érguete comezaron a súa loita en outubro do 1985. Eran todas mulleres humildes, que non sabían o que lle estaba a pasar cos seus fillos, pero que querían rachar co silencio, coa soidade e coa impotencia. Elas, tamén algún homes, xuntáronse para cambiar toda unha sociedade e hoxe, 40 anos despois, o seu legado e historia viva de Galicia. Por iso, a Asociación Érguete brindaralles en colaboración coa Afundación unha gran homenaxe no Teatro García Barbón de Vigo o vindeiro xoves 9 de outubro ás 20.00 horas. “É o que merecen. O que moitas non puideron disfrutar tras anos e anos de loita. Queremos que a sociedade galega poida agradecerlles todo o que fixeron cun gran aplauso”, indica a vicepresidenta da asociación, Sonia Fernández.
A gala estará conducida por Xosé Antonito Touriñán, Carlos Blanco e Arantxa Treus, que destacou hoxe que para ela é un orgullo poder participar nesta homenaxe a unhas nais que salvaron vidas. Ademais, durante a celebración no Teatro García Barbón tamén actuarán Fillas de Cassandra, A Banda da Loba, a academia Media Punta e Sofía Gaona e haberá espazo para que as nais de Érguete conten a súa loita ao público e que as persoas usuarias da Asociación, que atende a 8.000 persoas cada ano, poidan mostrar a súa voz a través de distintas expresións artísticas que están preparando.
As entradas son gratuítas porque “queremos que sexa unha festa de todo Vigo e Galicia. Unha homenaxe na que poidan estar todas as persoas que o desexen”, indica a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas. A inscrición pode facerse a través dun formulario electrónico ou presencialmente na sede da entidade. As persoas que consigan entrada, vai por orde de inscrición, serán notificadas como tarde unha semana antes da gala.
Na ceremonia tamén haberá un momento especial para agradecer a todas as nais, traballadores e persoas usuarias que xa non están. A todas esas persoas que fixeron de Érguete o que é hoxe e que, tamén, loitaron contra o narcotráfico.
Dora Carrera e Elvira Vázquez, ambas dúas nais fundadoras da asociación, lembraron hoxe a todas as compañeiras que xa non están e sentíronse afortunadas de compartir a loita con mulleres como Carmen Avendaño, “a nosa chave mestra”, Tonina, Mari Graña, Asunción e tantas outras. Nunca pensaran que ían mover a tanta xente, que recibirían unha homenaxe tantos anos despois da súa loita e queren agradecer de corazón todas as mostras de cariño que están recibindo este ano.
Hora
9 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


