VIALIA
bannerPicnicSesions

Gala da Reconquista da Vila de Vigo

18set20:00Gala da Reconquista da Vila de VigoESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €20:00(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A celebración da Gala da Reconquista da Vila de Vigo pretende ser unha mestura dos aspectos máis importantes da Festa da Reconquista da Vila de Vigo: a música e o baile tradicional e a historia contada a través dos seus protagonistas. Facendo como sempre participe ao público asistente e levando a nosa historia ao seguinte nivel, coa actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbes, ACF Tarambainas, bailaríns de Maria Prego e Os Catro Quintos. Ademais cómpre destacar a interpretación do grupo de teatro Baluarte 1809 e do clube de esgrima histórica Falcata H.E.M.A.

Unha gala coa que poder conmemorar a festa da Reconquista da Vila de Vigo, dun xeito mais íntimo e inmersivo, e cumprindo estritamente os protocolos sanitarios.

As entradas, de prezos populares (entre 5 e 10 euros), están á venta desde este luns día 6 a partires das 9:00 da mañá en ATaquilla.com: á ligazón pódese acceder desde redes sociais en @areconquistadevigo, desde a páxina web www.areconquistadevigo.com ou en ATaquilla.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+02:00)