outubro, 2019

Este é un evento repetitivo

18out21:00Gag movie (sesión gamberra)ESPECTÁCULOS | 10,00€21:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Gag Movie é a historia de catro personaxes atrapadas no tempo e non confíns estreitos dun só fotograma.
A nosa singular troupe de cineastas irrompe en escena por arte de maxia. Emprenderán unha divertidísima viaxe cos espectadores por algúns dos momentos máis iconográficos da sétima arte.
Con humor e enxeño, non só nos amosarán en directo como é o cine, senón como se fai, como se vive e, sobre todo, como se goza.

En Gag Movie a sétima arte se atopa co teatro para formar xuntos a octava arte, ou quizais a novena, ou a décima… quen sabe. Pero sexa cal sexa o número, é unha arte divertida e vertixinosa que pasará por
diante dos nosos ollos a máis de 300 fotogramas por segundo.
Non vola perdades!

 

Compañía: Yllana
Xénero: teatro comedia
Idea orixinal, dirección artística e espazo escénico: Yllana
Deseño de iluminación: Pedro Pablo Melendo
Deseño de son: Alberto Fernández
Deseño de vestiario: Tatiana de Sarabia
Elenco artístico: César Maroto, Rubén Hernández, Susana Cortés e Antonio de la Fuente

 

As entradas poderán adquirirse anticipadamente a partir do venres 6 de setembro (sen gastos de  xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes), polas seguintes vías:
– A través da páxina web de ticketea by Eventbrite
– No teléfono 902044226
– En Discos Elepe
– O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo, no despacho de billetes do auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Os abonos para a programación deste semestre pódense combinar entre todos os espectáculos en paquetes de 5 ou 10 espectáculos, con importantes descontos do 10 % e do 25 %
respectivamente.

Como novidade nesta edición, e co obxecto de fomentar a asistencia ao teatro da mocidade, o público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 50% de desconto no prezo das entradas adquiríndoas anticipadamente a través da opción online de Ticketea co código de desconto OTEATROMOLA.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X