G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras
Detalles do eventos
Máis de 6000 persoas participaron o pasado ano en Galicia nas actividades da primeira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de
Detalles do eventos
Máis de 6000 persoas participaron o pasado ano en Galicia nas actividades da primeira edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), organizadas e desenvolvidas por preto de medio millar de investigadoras e investigadores, así como por persoal técnico. Coordinada pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos, a G-Night 2022 despregará na segunda segunda edición, o vindeiro venres, 30 de setembro, máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións, espalladas polas sete principais cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
A praza do Berbés será o epicentro das actividades da G-Night en Vigo, onde o edificio Redeiras, o café Vitruvia e o Porto, completan as localizacións das actividades da Noite galega das persoas investigadoras.
- Entre as 18.00 e as 21.00 horas a praza do Berbés acollerá a expo-feira científica, organizada pola UVigo e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), na que se situarán a ducia de postos, nos que integrantes de grupos da investigación de ambas institucións, achegarán os seus coñecementos ao público asistente. Descobre connosco a vida do solo; Xeotecnoloxías aplicadas; Achégate ás telecomunicacións; Que son as nanocousas?; Ecobas Quiz; O minerais como testemuñas da historia; Constrúe unha dobre hélice de ADN; Nanopartículas plasmónicas: un arco da vella metálico; Microplásticos no medio mariño e Un arco da vella baixo o mar, son as actividades que se desenvolverán na feira, tan que tamén participará o alumnado da UVigo responsable dos proxectos UVigo SpaceLab e UVigo Motorsport.
- O edificio Redeiras, pola súa banda, acollerá, desde as 18.00 horas, cinco charlas e un coloquio nos que as aplicacións das matemáticas, a prevención das inundacións ou as linguas ea tecnoloxía, serán algúns dos temas que se abordarán. Entre as 18.00 e as 19.00 horas o público asistente poderá seguir en directo as charlas do CITMaga, que se celebran en Santiago de Compostela e nas que os investigadoras e investigadores da USC María José Ginzo, María Isabel Borrajo e Tomas Otero ofrecerán cadansúa charlas tituladas As matemáticas unha ferramenta para a loita contra os incendios forestais, A estatísticas e o azar nas probas da Covid-19 e Cantos buracos ten unha camiseta? A partir das 19.00 desenvolveranse dúas charlas en directo no edificio Redeiras, Fomento da cooperación na prevención de inundacións en concas fluviais a cargo de Juan Vidal, do departamento de Estatística e investigación operativa da UVigo e Atúns fantásticos e onde atopalos de Sara Recondo, investigadora predoutoral da UDC. Ás 19.45 comezará unha charla.-coloquio na que os investigadores Inmaculada Anaya do Grupo en gramática, discurso e sociedades e Miguel Cuevas de LVTC, ambos da UVigo, amosarán as achegas do coñecemento lingüístico nos ámbitos da tecnoloxía e a empresa.
- Pola súa banda, entre as 20.30 e as 22.00 horas no café Vitruvia desenvolveranse tres charlas, dirixidas especialmente a público adulto e nas que Elena Alonso (Cintecx) e Victor Hernando (CIM), abordarán, respectivamente: o papel dos recursos minerais na descarbonización e a dixitalización da economía e os microorganismos degradadores de plásticos.
- As actividades da G-Night en Vigo complétanse cos tres paseos científicos que o persoal do grupo de investigación Geoma realizará a bordo da embarcación de prospección Inndaga e nos que unha ducia de persoas poderá coñecer as técnicas de prospección e investigación oceanográfica. Os paseos dunha hora de duración, comezarán ás 16.00 horas, con saída desde o porto de Vigo e as prazas xa están completas.
Máis
Hora
30 setembro, 2022 18:00 - 22:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes