
G-Night: Paseo científico na embarcación Inndaga
24set17:00G-Night: Paseo científico na embarcación InndagaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00
Detalles do eventos
A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia
Detalles do eventos
A G-Night levará a ciencia a rúas, museos, praias e bares. No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras regresará este outono a Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo. Coa creatividadee a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.
Paseo científico na embarcación Inndaga
Faranse 3 saídas de 1 hora cada unha. Hai 4 prazas por saída.
A saída estará condicionada pola meteoroloxía, polo que existe a posibilidade de que esta actividade sexa cancelada a última hora se as condicións non garanten a seguridade da mesma.
As persoas participantes deben acudir con roupa de abrigo e calzado impermeable.
Durante o paseo polo interior da ría amosaranse diferentes técnicas de muestreo de sedimentos e caracterización de propiedades físicas da auga e do fondo mariño.
Para esta actividad é necesario inscribirse antes do mércores 22 de setembro e aportar os datos persoais para dar cobertura co seguro a todos os asistentes. Confirmarase a praza vía correo electrónico ou chamada telefónica.
12 prazas, reserva a túa aquí.
Máis

Hora
(Venres) 17:00
Localización
Porto de Vigo
Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo