VIALIA
bannerPicnicSesions

G-NIGHT: Noite europea das persoas investigadoras

24set(set 24)09:0008xan(xan 8)20:45G-NIGHT: Noite europea das persoas investigadorasARTE E MUSEOS | De balde(setembro 24) 09:00 - (xaneiro 8) 20:45(GMT+02:00) Biblioteca Central da Universidade de Vigo

Detalles do eventos

A exposición Astro-artística pertencente a “G- NIGHT: Noite europea das persoas investigadoras”, evento celebrado o 24 de setembro para achegar a ciencia e a creatividade ao público xeral, segue aberta ata o día 8 de xaneiro de 2022 dentro da biblioteca central da Universidade de Vigo. O público pódea visitar de forma gratuíta e contemplar un universo de mobles e outros obxectos pintados que forman parte de proxectos que exploran as posibilidades do pintado sobre compoñentes reciclados baseados en elementos astronómicos inspiradores na cultura diaria dun planeta que recicla.

Ana Ulla e Carmen Villar son respectivamente a comisaria con asesoramento científico e a coordinadora con asesoramento artístico destes proxectos astronómicos-artísticos, xestionados pola biblioteca da Uvigo para mostrar, como actividades de divulgación da ciencia creativa, á cidadanía interesada. Participan os artistas invitados: Benigno González, Rita Landeiro ou Carmen Moreno e tamén se poden visitar libremente outras exposicións bibliográficas. E ademais da visita ás obras pictóricas e bibliográficas pódense igualmente descubrir os espazosos lugares, a luminosidade e beleza da terraza da biblioteca central da Uvigo. Así como pasear poloc ampus coñecendo as edificacións do mesmo e gozando da natureza neste magnífico tempo de outono.

Duración: Ata o 8/01/2022
Horario: 9 a 20:45
Lugar: Biblioteca Central campus Uvigo

Máis

Hora

Setembro 24 (Venres) 09:00 - Xaneiro 8 (Sábado) 20:45(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Central da Universidade de Vigo

Campus Lagoas-Marcosende, Estrada Colexio Universitario, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events