26set17:0021:00G-Night 2025FESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:00 - 21:00(GMT+02:00) Edificio Redeiras
Detalles do eventos
O vindeiro venres 26 de setembro, as rúas e espazos culturais de Vigo converteranse nun enorme laboratorio aberto para celebrar a G-Night 2025, a Noite
Detalles do eventos
O vindeiro venres 26 de setembro, as rúas e espazos culturais de Vigo converteranse nun enorme laboratorio aberto para celebrar a G-Night 2025, a Noite Galega das Persoas Investigadoras. Esta cita, que se desenvolve de maneira simultánea en centos de cidades europeas baixo o paraugas da European Researchers’ Night, busca achegar a ciencia á sociedade dun xeito lúdico, accesible e participativo.
Ao longo da tarde e noite, as sete principais cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo) converteranse en escenarios para a ciencia, con máis de 200 actividades abertas ao público que inclúen obradoiros, experimentos, andainas, charlas, exposicións e feiras científicas. Preme aquí para consultar un artigo con máis información ou aquí para acceder ó programa completo.
Hora
26 setembro, 2025 17:00 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Edificio Redeiras
Praza do Berbés


