FUTURO TERROR + SELVATICA – A Movida

abril, 2018

27abr22:00FUTURO TERROR + SELVATICACONCERTO | 10,00€22:00 La Fábrica de Chocolate

Máis

Detalles do evento

FUTURO TERROR
Letras ácidas de ton cínico e toque canalla con melodía sempre en primeiro plano. Guitarras frenéticas, convulsos ritmos de baixo e batería, inmediatez, frescura, personalidade. Sinxeleza e estructura clásica que crea adicción desde o primeiro momento. O futuro deste trío alicantino é terroríficamente impredecible, como a actitude punk que recolle o seu último traballo.
13 temas directos e sen rodeos, grabado nunha sola toma e todos á vez, á antiga usanza, conseguindo así un son tan fresco e valente cómo o dos seus directos.

SELVATICA
O proxecto de Selvática comeza en Brasil, concretamente en Río de Janeiro. Paula Vilas (teclados e voz) e Manu G. Sanz (guitarra e voz), ambos ex Indómitos, van a vivir ao país carioca. Ambos levaban tempo sen tocar pero a enerxía e vitalidade do seu novo fogar é motivo para comezar de novo a compoñer cancións. Mentras que en Indómitos realizaban un despregue intensivo de ruido, oscuridade e frío –non esquezamos que a banda se formou en Glasgow-, con Selvática os matices son moitos e a luminosidade maior.
O caso é que as composicións van crecendo en número e forma, ata chegar a un total de doce, que forman parte da demo: “Canciones Cariocas” (2015).

ENTRADA: 10€

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

La Fábrica de Chocolate

Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra

X