VIALIA
bannerPicnicSesions

FUTURE STORIES

07out(out 7)11:0008xan(xan 8)21:00FUTURE STORIESARTE E MUSEOS | De balde(outubro 7) 11:00 - (xaneiro 8) 21:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Datas:  7 outubro 2022 – 8 xaneiro 2023
Horario:  martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

A finais de 2021, a Universidade de Vigo e a Fundación MOP (unha iniciativa cultural de Marta Ortega Pérez) asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de promover a arte emerxente en Galicia a través de Future Stories, un proxecto ao que se destinarían os ingresos xerados pola exposición Peter Lindbergh: Untold Stories (A Coruña, decembro 2021-marzo 2022) a través da venda de merchandising. Tras o grande éxito da mostra, que chegou a Galicia grazas ao empeño persoal de Marta Ortega Pérez e a colaboración da Lindbergh Foundation, o proxecto Future Stories permitiu ofrecer ao alumnado da Facultade de Belas Artes dez bolsas de 4.000 euros para o desenvolvemento de proxectos artísticos a partir dos seus Traballos de Fin de Grao. A convocatoria tamén prevía que os resultados se reuniran posteriormente nunha mostra colectiva nun espazo museístico de referencia.

Durante o proceso de selección, o xurado —composto polo decano da Facultade de Belas Artes, Xosé Manuel Buxán, as profesoras María Covadonga Barreiro e Chelo Matesanz, o crítico de arte Ramón Rozas, o director do MARCO, e a Fundación MOP como promotora do proxecto— baseouse en criterios como a orixinalidade das propostas, o seu interese conceptual e temático, e a calidade formal e técnica das obras.

Como resultado final de todo o proceso, a exposición Future Stories preséntase agora no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, reunindo nas salas do primeiro andar as obras dos dez artistas seleccionados, en liña co obxectivo principal que estaba na orixe desta iniciativa: impulsar as carreiras profesionais dos novos titulados e tituladas en Belas Artes e recoñecer o seu potencial.

Para iso, resulta esencial ese vínculo e colaboración entre o ámbito universitario —a Facultade como “factoría xeradora de artistas”— e o Museo como vía de contacto cun ámbito profesionalizado, nesta última fase da súa formación académica.

Máis

Hora

Outubro 7 (Venres) 11:00 - Xaneiro 8 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events